O Día de Neira Vilas marca o inicio dos actos sobre o autor de Gres no marco das Letras Galegas 2027

Galicia prepara unha gran programación para as Letras Galegas 2027 e este pasado 3 de novembro, no que se cumpren 98 anos do nacemento de Xosé Neira Vilas, servíu de antesala a todos os actos e iniciativas porvir.

O Día Neira Vilas celebrado na Fundación Xosé Neira Vilas volveu xuntar a cargos institucionais e veciñanza para efectuar unha lectura continuada da súa obra máis galega e universal, ‘Memorias dun neno labrego’.

De cara ao ano 2027, no que a Real Academia Galega lle dedicará o Día das Letras Galegas, o goberno autonómico avanzou que traballa nunha axenda cultural “propia e de calidade”. O obxectivo institucional é dar a coñecer todas as facetas de Neira Vilas —como prolífico editor, investigador, activista cultural e cronista da emigración—, evitando que o recoñecemento social se limite á historia de Balbino.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego