O deseñador Pepe Barro expón os seus cadernos de traballo na Fundación DIDAC

“Non os revisei de vagar, non os censurei, decidín espirme poñendo nas mans e nos ollos do público a intimidade, espero non arrepentirme, porque vergoña teño”, explica o deseñador Pepe Barro en referencia á mostra que chegará o 28 de setembro á Fundación DIDAC, en Compostela.

A exposición ‘A cociña de Barro. Os cadernos de deseño‘ conta con 66 cadernos que o deseñador utilizou ao longo da súa carreira profesional, mesmo algún deles data de 1973.

Os cadernos preséntanse os seus traballos en diferentes formatos tendo como nexo de unión o pensamento gráfico. “Hai notas, debuxos, artigos, listaxes, planos, imaxes coladas, encartadas…”, explica o autor na propia web da Fundación que exporá a mostra ata o 22 de decembro. A Fundación DIDAC dispón na sala varias mesas nas que se poden consultar os cadernos, usando luvas a disposición dos visitantes, para preservar os riscos e trazos que enchen as follas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego