O debuxante Primitivo Marcos adapta á banda deseñada a obra ‘O paso do noroeste’ de Xavier Queipo

A banda deseñada galega consolida o seu espazo dentro da editorial Galaxia que vén de publicar a adaptación que o debuxante Primitivo Marcos realizu da obra ‘O paso do noroeste’ de Xavier Quipo. Esta nova obra chámase ‘O paso do noroeste. As aventuras do capitán Duchesnoy’ e xa a podes atopar nas librarías.

Esta obra narra as aventuras dun capitán de mariña francés que no século XVIII participa dunha expedición na procura do lendario paso que permitía chegar ao Océano Pacífico polo norte de América. Primitivo Marcos dedicoulle dous anos á realización deste relato de aventuras que levou o premio Premio Manuel García Barros, ex aequo en 1996.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego