A quinta edición do Cromático Mural Fest de Cambre está enchendo de cor as rúas do concello coa arte de Mon Devane, Socatoba, Magda Cwik e Huariu cuxas creacións chegarán a Sigrás, Cambre, A Barcala e O Temple.
No encontro, coas expoñentes procedentes de Galicia, España, Portugal e Polonia, a arte chegará por vez primeira este ano máis alá das zonas urbanas abarcando as parroquias de fóra do núcleo urbano. Con esta iniciativa, súmanse máis obras ao museo ao aire libre municipal.