As continuas molestias producidas nos horarios de saída e entrada diante do Colexio privado La Salle fixeron que o Concello comezara a traballar nunha serie de intervencións para reducir o impacto negativo dos vehículos mal aparcados nesta zona. Con esta actuación, o Pazo de Raxoi quere comezar a regular unha realidade habitual que tamén acontece noutros centros de ensino da cidade.