O 27 de outubro deste ano cumpriránse dez anos do falecemento de Begoña Caamaño, unha persoa benquerida dentro da cultura galega e estreitamente vinculada coa cidade de Santiago. Por esta razón, o Pazo de Raxoi anuncia un evento que terá lugar o domingo 27 de outubro ás 18 horas no Teatro Prinicipal e no que participarán artistas como Uxía, Guadi Galego, Ana Romaní ou Andrea Nunes. A entrada será de balde.