More

    O certame aRi[t]mar abre as votacións para as mellores poesías galegas e portuguesas deste 2022

    As dez poesías galegas e as dez poesías portuguesas que disputarán o premio aRi[t]mar xa están penduradas na web a través das que podes votar a túa preferida ata o 16 de maio.

    Poesías finalistas

    Despois de case un mes de deliberación por parte do xurado, as poesías galegas elixidas son: Un coro de Carlos Callón, O acivro e o cristal de Daniel Salgado, (couza) de Inma Doval Porto, Anatomía dun home-peixe de Jorge Rodríguez Durán, REXISTRO CIVIL de Luís Rei Núñez, MAI de Manuel Rivas, A PARELLA de lavancos… de Marta Dacosta Alonso, ASULAGADAS de Suso Díaz, Medrei na arela desa pantasma de Teresa Ríos Noya e Anorak de pel de caribú de Lúa Mosquetera.
    Por outra banda, as poesías portuguesas elixidas son: A mesa de Ana Luísa Amaral, E se de Cecília Barreira, O poeta escreve de Diogo Costa Leal, O conhecimento da flor de José Tolentino de Mendonça, Aos versos quero-os claros como auroras de Lídia Borges, Feira da ladra de Margarida Vale de Gato, Errei, como toda a gente de Pedro Eiras, Comprar um móvel com muitas gavetas de Raquel Serejo Martins, A cada degrau de Sérgio Godinho e E se eu fosse eu? de Wilma Vieira.

    Faite socia, faite socio

    As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego