A Fundación Rosalía de Castro ven de presentar as actividades conmemorativos do Día do nacemento da poeta, o 23 de febreiro, que abranguen actuacións musicais, lecturas públicas do seus poemas, degustacións do coñecido como Caldo de gloria e o acto institucional central no Panteón das Galegas e Galegos Ilustres.
O presidente da Fundación, Anxo Angueira, estivo acompañado na presentación do secretario xeral da Lingua, Valentín García, e da deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, institucións que apoian á Fundación nesta celebración.
En concreto, a celebración comezará en Padrón, ás 10,00 horas, cunha cerimonia de homenaxe ante estatua da escritora no Espolón. Ademais, contarase, como nos últimos seis anos anteriores, coa representación da Alborada a Rosalía, neste caso a cargo da agrupación de música tradicional Carapaus, que interpretará a peza musical escrita pola propia poeta. De igual xeito, nesta localidade haberá lectura de poemas por parte do alumnado dos Institutos Camilo José Cela e do Macías o Namorado, pertencentes a este municipio coruñés.
En Santiago de Compostela tamén soará a Alborada de Rosalía que acompañará a ofrenda floral, ás 11,00 horas, ante a súa estatua, que está situada na praza de Vigo. A continuación, ás 12,00 horas, terá lugar o acto institucional no Panteón das Galegas e Galegos Ilustres, no que se celebrará unha lectura de poemas rosalianos e unha actuación musical da cantora Uxía xunto co intérprete andaluz Javier Ruibal.
Completará esta xornada de festexos, a degustación na mesa Casa-Museo de Rosalía do coñecido como Caldo de gloria, que está baseado no poema Miña casiña, meu lar, da publicación Follas Novas, no que a poeta explica como facer este prato. Nesta ocasión, a preparación correrá a cargo do cociñeiro Iago Pazos. O actos de conmemoración do aniversario rematarán cunha nova actuación de musical de Uxía & Javier Ruibal, acompañados á guitarra por Marcos Teira, para musicar tanto a Rosalía como ao granadino Federico García Lorca, un admirador da obra da poeta galega.



