O BNG reclama presenza nos orzamentos da seguridade viaria nos centros de ensino

O BNG pensa que é necesaria unha campaña escolar con implicación da comunidade educativa e da veciñanza paraa garantir o bo funcionamento destas medidas.

O BNG presentará unha iniciativa no vindeiro Pleno municipal para que se inclúa nos Orzamentos do 2017 unha partida económica destinada a incrementar a seguridade viaria na contorna dos centros de ensino da cidade. Así o explicou o seu voceiro municipal Rubén Cela en rolda de prensa.

- Publicidade -

Cela non comparte a opinión da policia local de que a responsabilidade da seguridade vial teña que ser compartida coas familias e afirma que o concello ten que facilitar a posibilidade de que os accesos ás escolas e institutos sexan cada vez máis seguros.

O BNG pensa que é necesaria unha campaña escolar con implicación da comunidade educativa e da veciñanza paraa garantir o bo funcionamento destas medidas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego