O BNG quere que o Consorcio aumente as axudas á rehabilitación na zona vella de Santiago

O voceiro municipal do BNG en Santiago, Rubén Cela, anunciou en rolda de prensa que a súa formación pensa trasladar na vindeira xunta de portavoces a proposta de que o Consorcio de Santiago aumente a dotación de axudas para acondicionar os locais comerciais e para rehabilitar vivendas da zona vellas compostelá.

A reclamación do aumento de contías sería para o orzamento do 2017 e pediríase tamén que se reduza a burocratización do proceso.

O BNG cuestiona que o Consorcio de Santiago destine 100.000 euros para acondicionar locais comerciais e 150.000 para a rehabilitación de carpintería e reixas de vivendas da Cidade Histórica.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego