O portavoz municipal do BNG no concello de Santiago, Rubén Cela, informou en rolda de prensa que o seu grupo presentará no vindeiro Pleno unha iniciativa para que se cree un programa integral de actividades extraescolares e de conciliación laboral e familiar en colaboración coas Asociacións de Nais e Pais (ANPAs). Esta proposta, ademais, entraría para os Orzamentos de 2017.
Esta actuación, segundo afirmou o voceiro municipal do BNG, tería que realizarse mentres a Xunta non exerza esta competencia para descargar este tipo de xestións ás propias ANPA’s.