Xa está activa a páxina web castelao2025.gal que reúne e centraliza as actividades que están tendo lugar este Ano Castelao no que se conmemora o 75 cabodano dun dos maiores emblemas do nacionalismo galego.
No sitio web podemos atopar tanto a axenda onde figuran os actos a celebrar como unha diversidade de recursos como a Rede Castelao, onde hai ligazóns que axudan a coñecer a vida, a obra e o tempo de Castelao, xunto cos ‘Roteiros con Castelao’ que leva a súa biografía ao territorio.
A web manterase aberta á inclusión de máis actividades conmemorativas arredor deste Ano Castelao.