Nuria Vil, autora destacada pola AELG no último mes do 2023

Neste último mes do 2023, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) destaca a autora Nuria Vil, Nuria Vilán Prado, nada en Vigo en 1993. A poeta formouse en estudos de lingua e literatura nas universidades de Vigo e Santiago de Compostela e forma parte do proxecto de poesía escénica Dúas Gamberras e un Micro canda Vanessa Glemsel. Traballa como creadora de contidos na canle Coidado coa cadela e xestiona un perfil na plataforma de mecenado Patreon. Colaborou no espectáculo Por Xela! de A banda da Loba e coa marca de roupa ourensá Salsa Gaucha, que traballa pezas téxtiles a partir de poemas e versos. Ten publicadas obras como ‘Simún’, en 2021, ou participado de obras colectivas como ‘Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+’ (2023). Tamén é autora do proxecto audiovisual ‘Delincuente‘.

Fotografía de Distrito Xermar

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego