Nuno Pico: “Nesta nova fornada da música galega hai un maior distanciamento con Portugal”


Nuno Pico nace no Valadouro en 1995. Desde moi novo comeza a tocar en grupos. Un deles é ‘Oh! Ayatollah‘, unha banda de pop de Compostela creada a finais de 2015 coa que percorre os escenarios galegos. Uns catro anos despois, nace Grande Amore, o seu proxecto en solitario. E co que acada aínda máis sona, tanto dentro como fóra do país. En 2023, mariagrep e Clara Redondo entran a formar parte do xa grupo, Grande Amore.

Quedamos con Nuno no local O Transistor. Falamos por suposto de música, mais tamén de galeguidade, a conexión con Portugal, a masculinidade e mesmo de literatura.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego