Nova fin de semana de estreas en Nós Televisión!

Cada fin de semana, unha estrea chega a Nós Televisión. Este sábado, ás 12 horas, estrearemos na nosa canle de YouTubeAilá, a enerxía universal do baile galego’. Quedamos con tres das catro integrantes do grupo e falamos ao carón do palleiro sobre a música tradicional galega e o traballo que nos presentan.

Xa ás 21 horas, para gozar da noite, poderedes ver en simultáneo no 119 de R e na nosa canle de YouTube un novo programa do ‘Saúde e Terra‘, realizado por Xosé Bocixa para Nós Televisión. Neste programa número 21, o convidado é moi especial: Julio Lado, que provén dunha saga de ourives compostelán de máis de 200 anos.

Xa o domingo poderemos gozar na televisión, no 119 de R, a partir das 21 horas, dun novo programa de Espazo Aberto. Atoparedes unha viaxa pola fronteira entre Galicia e Portugal, un especial sobre a autora destacada do mes da AELG, Luz Darriba, e un bo percorrido polo youtube en galego. Acompáñasnos esta fin de semana? Queda coa televisión que fala do noso e defende o galego, queda con Nós Televisión!

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego