Nós Televisión supera as 8.000 persoas subscritoras na canle de YouTube

Cada día somos máis na comunidade youtubeira de Nós Televisión! Esta pasada fin de semana, a canle de Youtube de Nós Televisión superou as 8.000 subscricións. Segundo as estatísticas da canle, nos últimos 28 días sumamos 222 seguidoras/es nesta rede social. Aumentan tamén as reproducións nun 1% e o tempo de visualización nun 11 por cento.

Nos últimos días, tamén iniciamos un diálogo coa nosa comunidade youtubeira onde o 48,5 % se conectan dende o Estado español, o 26% dende o Brasil e o 8,4 por cento dende Portugal. Con isto, a comunidade lusófona atopa na canle de Nós Televisión un espazo de encontro onde conversar e compartir contidos audiovisuais. Queres formar parte? Só tes que seguir esta ligazón e subscribirte!

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego