Nós Televisión supera as 11.000 subscricións ao seu canal de YouTube

Máis dun millón de reproducións avalan o canal de YouTube de Nós Televisión onde podes atopar documentarios, reportaxes, entrevistas e programas en galego. O crecemento do canal de Nós Televisión lévao a ser o medio de comunicación privado e en galego con máis subscricións e proxección en YouTube.

Nos últimos 28 días, o canal de YouTube de Nós Televisión superou as 22.000 visitas e 200 subscricións alcanzando a cifra de 11.000. O tempo de visualización dos contidos tamén sobe acumulando máis de 1.8000 horas nos últimos 28 días.

Que podes atopar no YouTube de Nós Televisión?

E non é para menos que o canal de YouTube de Nós Televisión medre día a día! Nel podes atopar contidos audiovisuais sobre a cultura e lingua galega como esta reportaxe que analiza o papel neofalantismo no futuro do idioma, programas como Galego de todo o Mundo, GZmúsica ou as entrevistas de Rostros do País.

Unha comunidade internacional a través do galego

Mais non todo é ver contidos audiovisuais! A través do canal de YouTube de Nós Televisión, tamén descubrirás a toda unha comunidade pertencente non só a Galicia senón tamén a Portugal e o Brasil. En cada un dos contidos pendurados no canal, visualizarás unha serie de comentarios nos que atoparás reflexións lingüísticas, inquietudes comúns e unha diversidade de opinións que nós mantén como galegas en rede fóra das nosas fronteiras.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego