Nós Televisión continúa a medrar nas redes sociais. Nestes momentos, 10.606 persoas seguen o noso perfil na rede social de Facebook que experimentou unha suba do 74% nos últimos 28 días. Nesta rede social, compartimos cada día o máis destacado na nosa grella, contidos de estrea e recuperamos reportaxes e documentarios para achegarvos o mellor do audiovisual galego.
Outra das redes sociais nas que aumentamos o seguemento é YouTube que xunta a máis de 8.180 persoas. Na rede social de Twitter somos xa 8.315 persoas e no instagram, a nosa rede social máis nova, achegámonos cada vez máis ás 1.000 seguidoras. Isto é un total de 20.000 persoas seguidoras na suma das catro redes sociais.