TikTok é xa unha das redes sociais nas que tamén podes atopar os contidos realizados por Nós Televisión. Esta rede social súmase a Instagram, Twitter e Facebook, nas que xa tiña unha presenza consolidada, ou a Youtube, a canle principal de difusión dos contidos de Nós Televisión.
@nos_television Estreamos #tiktok invocando á enerxía punki❤️?do #tiktokengalego. Grazas eternas a @grande.amore ♬ original sound – Nós Televisión
Nós Televisión aposta non só pola creación dun audiovisual galego e en galego de calidade senón tamén nunha difusión capaz de chegar a todas as pantallas e a todos os públicos aproveitando a lingua coma ponte coa lusofonía.