A aposta pola calidade audiovisual da equipa de Nós Televisión continúa a repercutir positivamente nas nosas redes sociais, especialmente na canle de Youtube. O número de reproducións acada xa as 856.579 e o número de subscricións supera as 8.340.
Nos últimos días, reportaxes como a que xira arredor da figura de Domingo Fontán, os episodios de Saúde e Terra, entrevistas como as realizadas a Sés ou a Koldo Tellitu, director das Ikastolas, acadan milleiros de visitas.