A regueifa e o rap únense en ‘Regueifa Freestyle‘, o novo programa de Nós Televisión que poderás ver este sábado, 9 de setembro, a través da canle de youtube. A improvisación, a cultura popular e a festa súbense ao escenario da man do autor de ‘O povo improvisador: Aventuras sobre regueifa e poesia oral’, Séchu Sende que conduce o programa da man das sementes da improvisación oral galega: Joana, Nântia, Maré, Estrela e Duarte.
Este sábado en Nós Televisión
‘Regueifa Freestyle’ ten neste primeiro programa ‘A regueifa, máis viva ca nunca!’ a dúas estrelas convidadas: Lupe Blanco, a regueifeira máis premiada do país, e O Rabelo cuxo activismo se plasma nas súas improvisacións ben sexa na regueifa ou nas batallas de galos.