Nós Televisión recollerá mañá o Premio Rosalía 2020 na Gala de Premios DACCultura

A área de Cultura da Deputación da Coruña celebrará este sábado unha gran gala de entrega de premios correspondentes aos anos 2020 e 2021. Este evento xuntará no Teatro Colón a preto de 200 persoas da cultura que participaron directamente no desenvolvemento destes premios –entre xurados, comisariados e comisións lectoras- e subirá ao escenario a máis de 30 persoas premiadas: escritores e escritoras, artistas plásticas, fotógrafos, artesáns, debuxantes, compositores, grupos e formacions musicais, compañías de teatro, entidades sociais que traballan a prol da cultura… Entre as premiadas, figura Nós Televisión mais tamén os proxectos Twitter en galego, O Club de Debate, a Agrupación Ío ou Xaquín Marín. 

A Gala de Premios da Deputación estará conducida polas actrices Lidia Veiga e Carmen Méndez e contará coas actuacións do contador Celso F. Sanmartín e da formación musical Son Trío, composta polas músicas Su Garrido Pombo (voz), Katerina Linke (piano), e Susana Blanco (cello).

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego