‘LUZ, CINZA E PEDRA, Cartografía da memoria coruñesa’ é o título da nova serie audiovisual producida e realizada por Nós Televisión co apoio do Concello da Coruña, dirixida por Iago Prada e coa participación de asociacións e persoas que traballan pola recuperación da memoria da cidade.
A serie está composta por 3 capítulos de vídeo de arredor de 20 minutos cada un, para arroupar a reivindicación de que a Casa Museo Casares Quiroga; a zona da península da Torre, Punta Herminia e Campo da Rata; e a Casa Cornide sexan declarados Lugares de Memoria Democrática.
A serie poderá verse en primicia o día 26 de novembro ás 19.00 horas na Sala Marilyn do Fórum Metropolitano da Coruña, con entrada aberta para todos os públicos ata completar a capacidade, sen necesidade de reserva previa. Ademais da proxección dos 3 capítulos, terá lugar unha presentación e coloquio por parte das persoas responsables da serie audiovisual e participantes no proxecto.
A partir deste primeiro pase no Fórum, a serie estará dispoñible en todas as canles de Nós Televisión, e poderá verse en aberto para todo o mundo no youtube, na canle 9 de R en toda Galicia e na plataforma Movistar Plus+ en todo o Estado español.

FICHA TÉCNICA da serie LUZ, CINZA E PEDRA, CARTOGRAFÍA DA MEMORIA CORUÑESA
Unha serie audiovisual documental producida por Nós Televisión co apoio do Concello da Coruña.
Produción executiva: Rosabel Candal e Diego Frey
Escrita e dirixida por Iago Prado
Coa participación de Alfredo Vigo, Ana Romero, Carlos Babío, David Lozano, Felipe Peña, María Lopo, Rubem Centeno, Xosé Alfeirán, Gonzalo Castro e Inés Rey.
Dirección de fotografía: Raquel Sánchez Matos
Operador de cámara: Martín Regueiro Díaz.
Voz en off: Xiana Arias.
Edición: Iago Prada.
E a colaboración de Concello da Coruña, Casa Museo Casares Quiroga, ARMH, CRHM, Instituto Cornide e Roda Audiovisual.



