Nós Televisión prepara a súa programación de verán!

Un novo programas e a estrea de mini-documentarios, entre a nova programación prevista no 119 de R

Ás portas da finalización do mes de xuño, Nós Televisión coloca o peche de tempada dos seus dous programas semanais para dar paso á programación de verán. O ‘Espazo Aberto’, semanal da cultura e lingua, xunto o ‘Saúde e Terra. Voces da cultura galega’ pecharán tempada esta mesma fin de semana. Mais, a grella non vai quedar baleira!

Nós Televisión arranca o mes de xullo con estreas asociadas a nova tempada de verán. Un dos seus maiores exemplos será a estrea dun espazo dedicado á saúde dental en galego, un sector que conta cunha ampla presenza do castelán e que a equipa de Nós Televisión quere axudar a reverter coa colaboración da Clínica Médica Dental Pardiñas.

Non será a única estrea! Temos preparadas diversos mini-documentais arredor da nosa cultura e lingua que estrearemos proximamente. E, por suposto, continuarán a súa emisións os programas ‘Galego de todo o mundo‘, dedicado á lingua e ao mundo lusófono, e o ‘Universo Galaxia‘, un espazo centrado nas novidades da literatura galega.

Todos os avances e novidades irémolas comunicando a través da nosa páxina web e redes sociais. Por unha televisión que sementa futuro!

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego