Nós Televisión inicia a súa colaboración coa ONG Corporate Europe Observatory

Nós Televisión inicia unha colaboración cunha das organizacións non gubernamentais máis importantes a nivel europeo, a ONG Corporate Europe Observatory (CEO), que suporá a emisión de contidos relacionados con conflitos internacionais subtitulados ao portugués no dial 119 de R. En concreto, a ONG traballa para documentar e visibilizar a influencia das grandes corporacións e dos seus grupos de presión na elaboración das políticas da Unión Europea.

‘Toxic Trade’, comercio de pesticidas tóxicos

A colaboración entre Nós Televisión e CEO iniciarase este domingo 7 de agosto ás 21.00 horas coa estrea do documentario ‘Toxic trade’ no 119 de R con substítulos en portugués. O documentario mostra como a industria de pesticidas exerce unha forte presión para combater a acción da Unión Europea contra os pesticidas tóxicos.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego