Nós Televisión estrea ‘Promover o galego dende o local’

O vindeiro luns 17 de novembro Nós Televisión estrea novo documental sobre a lingua, ‘Promover o galego dende o local’, realizado co apoio do Concello de Ames, que financiou este audiovisual. A proxección en primicia, aberta a todos os públicos, será o 17 de novembro ás 19 horas na Casa da Cultura do Milladoiro e a partir do 22 de novembro poderá visionarse tanto no youtube de Nós Televisión, como na canle 9 de R en toda Galicia, como na plataforma Movistar Plus+ en todo o Estado español.
O audiovisual é unha produción de Nós Televisión que aborda as diversas iniciativas que o Concello de Ames desenvolve para promover o uso do noso idioma tendo como eixos principais o proxecto ‘Modo galego, actívao!’ realizado en colaboración coa Real Academia Galega, o Certame Literario, o proxecto Galetiktokers, e os Premios Lingua e Empresa. A peza conta coas voces de Henrique Monteagudo, Alonxo Caxade, Andrea Porto, Branca Trigo, Nuria Grandío, Rodri Míguez, Raquel Arias, Carmen Porto, Ana Belén Paz, Pilar Villaverde, María Cebey, Carlota Mera, Rosa Moreiras, Blas García, Julio de la Iglesia e o alumnado e profesorado de 4º de primaria do CEIP de Barouta.
Ficha técnica
Duración: 37 minutos. Produción executiva: Rosabel Candal e Diego Frey. Dirección e guión: Ana Viqueira. Realización: Martín Rodríguez e Diego Frey. Axudante de realización: Manuel Expósito. Edición e Montaxe: Martín Rodríguez. Produción: Ana Viqueira. Axudante de produción: Rosabel Candal. Deseño de grafismos e creatividades: Roi Barros. Operadores de Cámara e iluminación: Pio Cribeiro, Roi Barros, Martín Rodríguez e Manuel Expósito. Dron: Pio Cribeiro. Locución de voz en off: Xiana Arias.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego