Nós Televisión emitirá os documentários de ‘Cidades Impossíveis’ de Ricardo Moreira

Nós Televisión aposta por sementar unha televisión en galego conectada co mundo. A partir do 16 de agosto, Nós Televisión emitirá no 119 de R os cinco capítulos do documentario ‘Cidades Impossíveis‘ de Ricardo Moreira, director e guionista.

O documentario danos a coñecer cinco cidades que están a resolver grandes problemas do mundo: Berlín, Bruxelas, Barcelona, Luxemburgo e Helsinqui. En Berlín, desenvólvense políticas para dar oportunidades á xente de te teren casas que poidan pagar, en Bruxelas apóstase pola agricultura urbana, en Barcelona procuran ser unha cidade sen coches, en Luxemburgo ofrécese o uso gratuito dos transportes públicos e en Helsinqui dáse prioridade no acesso á habitación ás persoas sen teito.

A primeira emisión, que será este 16 de agosto ás 21 hora no 119 de R, abordará a cidade de Barcelona´.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego