Dentro da aposta por sementar unha televisión en galego conectada co mundo, Nós Televisión lanza ‘Cidades Impossíveis’, un documentario de Ricardo Moreira.
O documentario danos a coñecer cinco cidades que están a resolver grandes problemas do mundo: Berlín, Bruxelas, Barcelona, Luxemburgo e Helsinqui. En Berlín, desenvólvense políticas para dar oportunidades á xente de te teren casas que poidan pagar, en Bruxelas apóstase pola agricultura urbana, en Barcelona procuran ser unha cidade sen coches, en Luxemburgo ofrécese o uso gratuito dos transportes públicos e en Helsinqui dáse prioridade no acesso á habitación ás persoas sen teito.
A vindeira, que será este 28 de agosto ás 21 hora no 119 de R, abordará a cidade de Berlín.