A gala de entrega dos Premios Xerais 2023 é un dos eventos culturais máis agardados do ano. Celebrada no Parador de Baiona, a festa desta casa editorial dá inicio co seu director xeral, Fran Alonso, encargado de pór no alto a diversidade da literatura galega.
A entrega de galardóns vén da man da xornalista Susana Pedreira. As premiadas nesta edición, Pedro Feijoo, María Reimóndez e Leticia Barbadillo, tamén suben ao escenario nesta gala que celebrou a súa 40 edición. Hoxe, a partir das 21 horas, poderás ver esta gala de entrega de Premios Xerais 2023 na canle de Nós Televisión en R.