Máis de 18.000 persoas seguen en YouTube a Nós Televisión, que se consolida como o líder dos medios de comunicación privados en galego nesta rede social.
Nós Televisión mantén unha traxectoria de aposta clara polo audiovisual galego e en galego, combinando o entretemento coa divulgación de programas e documentais arredor da nosa cultura e lingua. No último ano, proxectos de produción propia como O Vagón, presentado polo xornalista Luís Pardo, convertéronse nun espazo de referencia na oferta audiovisual do país. As súas entrevistas a figuras como Xosé A. Touriñán ou o futbolista Borja Iglesias lograron un alto seguimento, superando nalgúns casos as 50.000 reproducións en plataformas dixitais.

Crecemento transversal en todas as redes sociais
Este impulso en YouTube reflíctese tamén no resto do ecosistema dixital de Nós Televisión, que experimenta un notable incremento de audiencia en todas as súas canles comunitarias:
-
- Facebook: Mantense como a comunidade máis numerosa, superando os 21.000 seguidores.
- Instagram: Acaba de acadar a barreira histórica das 10.000 seguidoras grazas ao pulo dos formatos curtos.
- X : Roza tamén as 10.000 persoas.
- TikTok: Achégase ás 5.000 usuarias conectando co público máis novo a través de contidos dinámicos que lograron unha gran viralidade, como o exitoso clip do chiste de Touriñán.



