Nós Televisión consegue máis de 2.500 visualizacións durante esta fin de semana na canle de YouTube

Este pasado sábado, 16 de xaneiro, arrincaban os #sábadosNósTV coa estrea do primeiro GZ Música deste 2021 e a primeira entrega do programa de entrevistas culturais Saúde e Terra cuxa estrea transcorreu de forma simultánea na nosa canle de televisión, no 119 de R, e na nosa canle de YouTube. Durante esta fin de semana, Nós Televisión tivo máis de 2.513 visualizacións ,28.539 impresións e sumar 27 subscricións na súa canle de Youtube.

Saúde e Terra: Xabier Díaz

A estrea do programa Saúde e Terra, con Xabier Díaz como protagonista, tivo como consecuencia unha suba de 46 horas no tempo media de visualización dos vídeos da nosa canle. A meirande parte das persoas que viron ‘Saúde e Terra‘, o 60%, correspóndense coa rexión xeográfica de Galicia.

#SábadosNósTv

Os #sábadosNósTv son unha aposta de Nós Televisión que ofrece un espazo de encontro do pobo galego a través do sector audiovisual. Esta televisión achega programas e pezas audiovisuais centradas na cultura e na lingua galega, ademais doutros intereses sociais que marcan un camiño de futuro. Segue a Nós Televisión e forma parte da nosa comunidade do Youtube en galego!

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego