Nós Televisión comeza a rodaxe da serie documental ‘Nosoutras’

Resulta imposíbel imaxinar unha Galiza sen o camiño aberto pola revista Nós. Os nomes de Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo… conforman un universo que consolidan as bases da nosa cultura galega actual. Mais, e as mulleres que formaron parte desta revista?

Nós Televisión, o medio de comunicación especializado en cultura e lingua galegas, achégase á historia da revista e da xeración Nós, ao emblema do galeguismo, cunha perspectiva de xénero. Deste xeito, nace a serie documental ‘Nosoutras, as mulleres de Nós‘ que conta co patricinio da área de cultura da Deputación de Ourense.

Nosoutras‘, presentada pola ourensá Eira Losada, está cada vez máis preto de ver a luz xa que neste mes de maio arrancou a súa rodaxe na cidade de Ourense.

 

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego