Nós Televisión, candidata aos Premios Manuel Beiras 2023

En galego, naturalmente” é o lema co que se presenta este ano os ‘Premios Manuel Beiras ao uso do galego na empresa e o comercio’, convocados polo Concello de Santiago e a Cámara de Comercio, e aos que Nós Televisión se candidata por seren a única televisión privada galega que emite as 24 horas do día en galego, centrada en cultura e lingua galegas.

“En galego, naturalmente”

O slogan da campaña pretende pór en valor o uso da lingua galega como unha maneira de conectar coas consumidoras e achegar naturalidade e proximidade nun mercado cada vez máis global. O 18 de decembro a partir das 20.00 horas, o Teatro Principal acollerá a gala de entrega de premios ás empresas seleccionadas polo xurado, nunha convocatoria co obxectivo de dar a coñecer e espallar a utilidade que ten o galego, tamén como lingua instrumental como no ámbito mercantil.

Nós Televisión, candidata aos premios

O medio de comunicación Nós Televisión cumpre neste 2023 dez anos de experiencia no audiovisual galego. Tráase da única televisión privada galega que emite as 24 horas do día en galego que, ademais, centra os seus contidos na cultura e lingua galegas mantendo a perspectiva galega e de xénero.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego