Nós Televisión amplía os seus espazos literarios grazas á implicación das editoriais Xerais, Galaxia e Baía

Xerais, en singular‘ e ‘Lendo na Baía’ súmanse a ‘Universo Galaxia’ na rede de espazos literarios realizados por Nós Televisión. Neste 2024, e grazas ás editoriais Galaxia, Baía e Xerais, Nós Televisión publicará cada mes un programa de cada un destes tres espazos literarios que ofrecen a posibilidade de adentrarse nas obras máis recentes da literatura galega á vez que permiten coñecer ás súas propias autoras e autores.

Berta Dávila con ‘A Ferida Imaxinaria’, Esperanza L. Mariño Davila con ‘As escumas da letra. Biliografía de Luísa Villalta’ e Iria Adelgunde coa adaptación á novela gráfica de ‘Memorias dun neno labrego’ son as protagonistas dos espazos literarios ‘Xerais, en singular’, ‘Lendo na Baía’ e ‘Universo Galaxia’ respectivamente cos que Nós Televisión inicia esta tempada marcada pola expansión da literatura galega.

Os programas, que poderedes atopar na páxina web de Nós Televisión, tamén poderán verse no Servizo de Vídeo Baixo Demanta de Movistar Plus e no 119 de R.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego