Nós Televisión acada máis dun milleiro de seguidoras no Instagram. E ti, séguesnos?

A divulgación dos contidos elaborados e producidos por Nós Televisión saltan da canle 119 de R ás redes sociais entre as que destaca a canle de Youtube. Nesta rede, Nós Televisión é o medio de comunicación galego privado con máis subscritoras e subscritores superando as 8.700.

O ascenso das seguidoras de Nós Televisión vai máis amodo na rede social do Instagram, a última en crearse. Neste conta, onde xa acadan máis dun milleiro de seguidoras, comparten vídeos curtos das principais pezas elaboradas pola equipa de Nós Televisión e adiantan os contidos que están por vir. Podes seguir a canle de Instagram de Nós Televisión aquí.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego