Nós Televisión, a piques de chegar ás 9.500 subscricións no YouTube

A canle de YouTube de Nós Televisión non para de crecer. No último mes, a canle obtivo 20.000 visualizacións e gañou máis de 120 novas subscricións. Con esta suba, o número total de persoas que seguen a Nós Televisión na canle de YouTube está preto das 9.500.

Que podes atopar no YouTube de Nós Televisión?

E non é para menos que a canle de YouTube de Nós Televisión medre día a día! Nesta canle, podes atopar contidos audiovisuais sobre a cultura e lingua galega como a reportaxe sobre o 60 aniversario de Memorias dun neno labrego, documentarios como o A Fala na Raia ou programas da altura de Galego de Todo o Mundo ou Gzmúsica.

Unha comunidade internacional a través do galego

Mais non todo é ver contidos audiovisuais! A través da canle de YouTube de Nós Televisión, tamén podes atopar a toda unha comunidade galega pertencente non só a Galicia senón tamén a Portugal ou o Brasil. En cada un dos contidos pendurados na canle, poderás ver unha serie de comentarios nos que atoparás reflexións lingüísticas, inquietudes comúns e unha diversidade de opinións que nós mantén como galegas en rede fóra das nosas fronteiras.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego