Noiteboa con Nós Televisión

A música galega é a protagonista da noiteboa de Nós Televisión. Sintoniza o 119 de R e prepárate para vibrar con actuacións, entrevistas e reportaxes ao redor dunha das máis importantes expresións da nosa cultura.

GZ Música

Nunha noite tan especial non podía faltar o programa musical máis dinámico e festeiro do panorama televisivo galego. Non van faltar os sons roqueiros de Cuarta Xusta, a marcha da Banda Crebinsky, o folk de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, a innovación de Mercedes Peón, o pop de Guadi Galego ou os sons máis urbanos de Verto. Tamén haberá espazo para o rock para todos os públicos de Gramola Gominola ou a forza da Banda da Loba.

Voces da cultura galega

Tamén haberá espazo para reportaxes e entrevistas nesta noite tan especial. Maruxa Villanueva, unha voz para Rosalía, a entrevista a Guadi Galego en Saúde e Terra, entre outros programas, animarán a grella do 119 de R.

A partir das 21:00 horas non perdas a programación que a equipa de Nós Televisión pensou para ti.

 

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego