O 4 de agosto a plataforma Netflix estreará ‘Irmáns Robots Superxigantes‘, unha serie de animación que contará cunha versión na nosa lingua. Esta serie de orixe estadounidense, creada por Víctor Maldonado e Alfredo Torres, contará cunha tempada de dez episodios.
Ao mesmo tempo, Netflix tamén anunciou a estrea da película das Tartarugas Ninja o vindeiro 5 de agosto tal e como se fixo eco a Mesa pola Normalización Lingüística.
Este filme súmase a ‘O monstro mariño‘, a primeira película de animación producida por Netflix integramente en galego estreada o pasado 8 de xullo.
Desde comezo de 2022 e até o remate de ano, Netflix incorporará unha selección de contidos que inclúe perto de 70 títulos en galego, catalán e euskera.