Este 2025 celébrase o Ano Castelao e Nós Televisión leva producido varias pezas audiovisuais sobre este político, escritor, debuxante, ao que tanto lle debemos na Galiza.
As vacacións poden ser un momento fantástico para botarlles un ollo se aínda non as viches e coñecer mellor a Afonso Daniel Rodríguez Castelao.
Non as perdas e déixanos os teus comentarios nas redes sociais. Lémoste!



