Máis dun millón de galegas e de galegos aprenderon a falar coa lingua galega. Mais esta é unha tendencia á baixa. A meirande parte das que hoxe teñen menos de 50 anos criáronse falando castelán.
O neofalantismo xorde como un fenómeno cheo de esperanza co que encher de vida a nosa lingua. Nesta reportaxe, a equipa de Nós Televisión viaxa a Burela e a Compostela para coñecer dous proxectos que ven ás neofalantes como as axentes imprescindibles para a supervivencia do galego.