Narón celebrará o Día das escritoras na biblioteca municipal

O Concello de Narón celebrará este luns 17 o Día das escritoras. A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que “Antes, durante e despois das guerras” é o lema desta sétima edición do Día das escritoras, que se celebrará cun encontro na Biblioteca municipal ás 11.00 horas do vindeiro luns.

A técnico responsable do programa municipal Supervivencia doméstica colaborará nesta iniciativa, que consistirá, como indicou Taibo, nunha lectura común e un coloquio posterior sobre textos de Almudena Grandes e María Elena Walsh. A participación é libre ata completar o aforo dispoñible da sala.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego