Xa está dispoñible o primeiro episodio de ‘Folcast’, a serie de podcast que impulsa a Vicepresidencia da Deputación de Lugo sobre a a oralidade e a música tradicional nesta provincia, con especial atención ás cantareiras que a mantiveron viva.
Este primeiro capítulo ten como protagonista á cantareira Concha Casal Eiriz, Concha de Agrade, veciña desa parroquia chantadina. Ela foi unha das informantes Dorothé Shubarth para a elaboración do Cancioneiro Popular Galego.
Os episodios terán entre 45 e 60 minutos de duración e contarán cunha emisión mensual na páxina web da Deputación de Lugo e en distintas plataformas, aínda que tamén se emitirán algúns episodios especiais. Para estar ao tanto das emisións púxose en marcha un perfil de Instagram (@folcast_radio) no que, ademais, se poderá acceder a contido extra.



