Nace Boadicea Editora para libros de fantasía e ciencia ficción en galego

Alba Rozas, José Manuel Dopazo e Marcos López veñen de lanzar Boadicea Editora co obxectivo de consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego focalizado nos eidos da fantasía, a ciencia ficción e o medo, entroncando coa tradición europea, asiática e anglosaxona destes xéneros.

Achegan tanto creación propia, dando voz a autoras e autores de Galiza, como a tradución de autoras e autores clásicos e actuais, coidando en todo momento a calidade das publicacións. As obras van destinadas a todo o público lector: infantil (de 3 a 11 anos), xuvenil (a partir de 12 anos) e adulto (de 16 anos en diante).

As persoas fundadoras son filólogas e científicas especialistas, doutoras e investigadoras en lingua e literatura, docentes do ensino secundario e universitario que contan cun longo percorrido na edición e corrección de textos, nomeadamente no ámbito da fantasía e da ciencia ficción.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego