Na Estrada, en galego

O rural é o berce da nosa lingua. Os espazos urbanos semellan, cada vez máis, un risco na transmisión do galego. Como evitalo? Viaxamos ata o Concello da Estrada onde existe unha iniciativa que usa o galego para impulsar o comercio local e fortalecer a comunidade en galego. Benvidas e benvidos a ‘Na Estrada, en galego’!

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego