Segundo capítulo de Na Factoría, un programa producido e realizado por Nós Televisión, presentado por Xiana Arias e feito en colaboración co Concello de Ames, para coñecer máis a fondo o oficio da música e as artistas que temos preto.
O 2º episodio deste programa musical está protagonizado por unha cantora, guitarrista e e compositora, unha artista de Ames que comezou na música tradicional e atopou a súa propia linguaxe chea de matices, de detalles e de sensabilidade coa que está a conquistar a península toda. Unha voz máxica, una das novas revelacións da música galega: Antía Muíño.
E tamén por Sweet Groove, unha das bandas que están a residir nos locais de ensaio municipais de Ames que están na Factoría e que fan jazz.



