Música na Factoría (Capítulo 1) Con Luís Fercán e Glasgow15

Benvidas á Factoría, un lugar onde a música se pensa, se crea, se conversa. Son os locais municipais de ensaio de Ames, onde as primeiras notas dos grupos se atreven a existir, e é desde aí desde onde queremos conectar a quen está comezando con voces locais referentes e inspiradoras, voces coas que falar non só das súas cancións, senón tamén sobre que senten cando compoñen, producen ou se soben a un escenario. Neste 1º capítulo do novo programa de Música de Nós Televisión, feito en colaboración co Concello de Ames, visita a Factoría Luís Fercán, un dos músicos amesáns con maior proxección internacional, un artista cun pé en Galicia e outro no resto do mundo, cun disco novo, unha xira por Latinoamérica recente e moita profesión sobre a que conversar.

Durante este 1º capítulo de Música Na Factoría, a xornalista Xiana Arias, que dirixe e conduce todo o programa, tamén nos presenta a Glasgow 15, banda de covers, un dos grupos que ensaia neste local de Ames. Coñeceremos a súa música, os seus integrantes e escoitaremos un chisco dun dos seus temas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego