Música na Factoría (4) Con Belém Tajes e Bluesandiago

Cuarto capítulo de Na Factoría, un programa producido e realizado por Nós Televisión, presentado por Xiana Arias e feito en colaboración co Concello de Ames, para coñecer máis a fondo o oficio da música e as artistas que temos preto.

O 4º episodio deste programa musical está protagonizado por Belém Tajes, unha artista de traxectoria ampla, en formacións como Budú, Moura ou Luar na Lubre, e gañadora co seu proxecto persoal do Premio Narf da Música no 2025. Tamén mestra na Escola Municipal de Música de Ames, artista chea de sensibilidade e identidade.

E neste episodio tamén damos a coñecer a Bluesandiago, unha das bandas que residen nos locais de ensaio municipais de Ames, na Factoría.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego