Música na Factoría (3) Con Benja Seoane e Del Otro Lado

Terceiro capítulo de Na Factoría, un programa producido e realizado por Nós Televisión, presentado por Xiana Arias e feito en colaboración co Concello de Ames, para coñecer máis a fondo o oficio da música e as artistas que temos preto.

O 3º episodio deste programa musical está protagonizado por Benja Seoane, unha persoa que ten moita maña e experiencia nos dous lados do escenario. Non só é músico, xa que é a voz da banda Biribirlocke, senon que é un activista musical, unha peza central na cultura musical de Ames, desde o seu espazo O Transistor, Bertamiráns.

E neste episodio tamén damos a coñecer a Del Otro Lado, unha das bandas de rock que están a residir nos locais de ensaio municipais de Ames, na Factoría.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego