Música na Almáciga (4) con Ortiga e Fuego Lolita

Ortiga, un dos grandes referentes da música urbana e de verbena, chega á Música na Almáciga de Nós Televisión. Coñecido pola súa capacidade para facer bailar a todo o mundo coa súa fusión de ritmos, o artista achégase ao programa nun momento de plena madurez creativa.

A xornalista cultural Xiana Arias tamén recibe a Fuego Lolita, un proxecto emerxente que comeza a abrirse paso con forza na nosa escena e que destaca pola súa enerxía no escenario.

Música na Almáciga está gravado no Centro Xove de Creación Cultural que o Concello de Santiago ten na Almáciga, un lugar polo que pasan ducias de bandas para ensaiar, residir, intercambiar experiencias e aprender, co apoio do persoal técnico que atende o centro municipal.

Programa feito pola colaboración do Centro Xove e do Concello de Santiago.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego