O festival Revenidas de Vilaxoán bota hoxe a andar, a partir das 18 h, con presenzas musicais tan salientables como as de Lendakaris Muertos, un dos grandes nomes propios do punk estatal, Muchachito Bombo Infierno, que actúa por primeira vez no festival; os valencianos Mafalda, que este ano anunciaron a súa disolución, e que ofrecerán no Revenidas o seu derradeiro concerto en Galicia; The Tyets, un dúo de Mataró que coa súa proposta de “trapetón” converteuse no primeiro grupo que canta en catalán con máis dun millón de oíntes ao mes en Spotify; Trashtucada, un septeto que mestura rock, reggae e ska, ou Balkan Paradise Orchestra.
O Revenidas tamén contará na súa xornada inaugural cunha destacada presenza de grupos e artistas galegos, como os sempre incandescentes Dakidarría, o dúo de hip hop feminista e comprometido Vértebras e A Duendeneta, que realizará dúas sesións
Horarios das actuacións
XOVES 12
18.00: A Duendeneta
18.30: Vértebras (Escenario Vibra Mahou)
19.20: The Tyets (Escenario Galicia)
20.30: Balkan Paradise (Escenario Vibra Mahou)
21.30: A Duendeneta
22.00: Lendakaris Muertos (Escenario Galicia)
23.20: Mafalda (Escenario Vibra Mahou)
00.25: Muchachito Bombo Infierno (Escenario Galicia)
01.50: Trashtucada (Escenario Vibra Mahou)
02.50: Dakidarría (Escenario Galicia)
VENRES 13
17.00: A Duendeneta
17.30: ETS (Escenario Galicia)
18.30: García MC & Nación Quilombo (Escenario Vibra Mahou)
19.30: Fillas de Cassandra (Escenario Galicia)
20.45: Lontreira (Escenario Vibra Mahou)
21.35: A Duendeneta
22.00: La Pegatina (Escenario Galicia)
23.40: Miss Bolivia (Escenario Vibra Mahou)
00,50: Narco (Escenario Galicia)
02.05: Muyayo Riff (Escenario Vibra Mahou)
03.05: Serial KillerZ (Escenario Galicia)
As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego